Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Stella for Staff_mobilidade de formación para PAS

Información ao PAS

12-03-2021 ata: 31-03-2021

MOBILIDADE INTERNACIONAL DO PAS   -  CONVOCATORIA STELLA FOR STAFF

A convocatoria Stella for Staff ofrece ao PAS das universidades europeas participantes no Grupo Compostela de Universidades estadías en universidades de México, Bolivia e Perú; por mor do COVID, nesta edición as estadías realizaranse na modalidade virtual.

A solicitude (https://airtable.com/shr3myr53lS2Ud3Fp) debe cumprimentase en inglés aínda que a actividade poderá desenvolverse en español e presentarse en liña antes das 12 horas do 31 de marzo de 2021:

As persoas seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros por parte do GCU.

A oferta de prazas é a seguinte:

  • 4 prazas para PAS destinado na ORI e na OPI ou en Comunicación e Relacións Institucionais.

Universidad Autónoma de Chihuahua. México

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-UACH01-2021.pdf

Universidad CETYS. México

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-CETYS01-2021.pdf  

Pontificia Universidad Católica del Perú: Perú

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-PUCP01-2021.pdf

Universidad de Piura. Perú. 

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-UDEP01-2021.pdf.

  • 1 praza para PAS destinado na área de persoal

Univalle: Bolivia

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-UNIVA01-2021.pdf

  • 1 praza para PAS destinado en laboratorios relacionados con nutrición

Univalle: Bolivia

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-UNIVA02-2021.pdf

  • 1 praza para PAS destinado na área de emprego e I+D

Universidad de Piura. Perú. 

https://web.gcompostela.org/wp-content/uploads/2021/02/Placement-offer-UDEP02-2021.pdf

Animamos ao PAS da Uvigo a presentar a súa candidatura. As personas seleccionadas poderán ter apoio, se así o solicitan, por parte da Vicerreitoría de RS, Internacionalizaciòn e Cooperaciòn para o desenvolvemento da súa mobilidade (entrega de dosier audiovisual de presentación e outros materiais, colaboración na preparación de actividades, etc.)”.