Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Formación PAS- Cursos EGAP - Ofimática 2021

Información ao PAS

25-01-2021 ata: 29-01-2021

 

O DOG do 25 de xaneiro publica a convocatoria das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os cursos van dirixidos ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).