Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo.
O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que desenvolvan unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo na que dean a coñecer o contido da Axenda 2030 e os seus 17 ODS . A acción de voluntariado e o curso poden realizarse independentemente.
O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.
- Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
- Módulo 2. As persoas
- Módulo 3. O planeta
- Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta
Características do curso:
- Data de celebración: Dende o 1 de febreiro a 28 de febreiro
- Modalidade: Virtual se celebrarán a través da plataforma MOOVI.
- Destinatarios: Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo.
- Prezo: Gratuíto.
- Duración: 30 horas.
- Recoñecemento: 1 ECTS (Obterase un crédito adicional pola participación na acción de voluntariado Axentes do Cambio)
- Inscrición: En Bubela, o prazo de preinscrición está aberto dende o 21 de decembro de 2020 ate o día 30 de xaneiro de 2021 .
- Criterios de selección : por rigorosa orde de inscrición.
Máis información.
Área de Responsabilidade Social e Cooperación
986130261
direc.rsco@uvigo.es