Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso Axenda 2030. Axentes do Cambio.

Información xeral

01-02-2021 hasta: 28-02-2021

O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo.

O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que desenvolvan unha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo na que dean a coñecer o contido da Axenda 2030 e os seus 17 ODS . A acción de voluntariado e o curso poden realizarse independentemente.

O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.

  • Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
  • Módulo 2. As persoas
  • Módulo 3. O planeta
  • Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta

Características do curso:

  • Data de celebración: Dende o 1 de febreiro a 28 de febreiro
  • Modalidade: Virtual  se celebrarán a través da plataforma MOOVI.
  • Destinatarios: Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo.
  • Prezo­: Gratuíto.
  • Duración:  30 horas.
  • Recoñecemento: 1 ECTS  (Obterase un crédito adicional pola participación na acción de voluntariado Axentes do Cambio)
  • Inscrición: En Bubela, o prazo de preinscrición está aberto dende o 21 de decembro de 2020 ate o día 30 de xaneiro de 2021 .
  • Criterios de selección : por rigorosa orde de inscrición.

Máis información.

Área de Responsabilidade Social e Cooperación

986130261

direc.rsco@uvigo.es