Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cuestionario para Detección de Coincidencias en Traballos Académicos

Información xeral

14-10-2020

Reenviámosvos información sobre o Cuestionario para a detección de coincidencias en traballos académicos realizado polo grupo Cudeco, e animámosvos a participar na investigación. 

Bo día, alumna/o:

A través deste correo electrónico solicitamos a vosa participación nunha investigación realizada por un equipo de docentes das 3 universidades do Sistema Universitario de Galicia.

O obxectivo é coñecer a opinión do alumnado sobre o proceso de elaboración de traballos académicos ante a situación que vivimos debida á COVID-19, o cal redundará na mellora do labor docente e da formación dos alumnos e alumnas. Para isto solicitámosvos a vosa resposta anónima ao Cuestionario para a detección de coincidencias en traballos académicos (CUDECO_COVID-COVID19_A) que atoparedes en:

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe9DYrl49VuxFrFstF7cNTKtUNFpBSTRCMzVDTlNRUUVSVTFESEwxNVI4Mi4u

Pedimos sinceridade nas respostas e que contestedes todos os ítems manexando a escala que se propón, evitando centrarse nunha única valoración. Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración.

De conformidade co Regulamento UE 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018, os datos recabados serán tratados pola Universidade de Vigo (UVigo), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidad de A Coruña (UDC) como corresponde ás xestións de datos das investigacións en actividades científicas, históricas, culturais e lingüísticas  para crear resultados de investigación con fins científicos. A base fundamental da xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas e, nalgúns supostos, as previsións contempladas na Lei Orgánica 6/2001, de Universidades, e na Lei autonómica 6/2013, do Sistema Universitario de Galicia. As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitos de aceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da sede electrónica da Universidade de Vigo:  https://www.uvigo.gal/es/proteccion-datos

De igual modo poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que se considere oportuna.

Esta investigación foi sometida a avaliación polo Comité de Ética da Investigación e a Docencia da Universidade da Coruña, obtendo como resultado un informe favorable. O que teña sido informada por este comité débese a que o investigador principal pertence á Universidade da Coruña.

Tendo en conta os criterios do devandito comité, a información resultante recollerase nunha base de datos de carácter anónimo. Asemade, de acordo cos principios éticos da American Psychological Association (APA) e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), asegúrase a máxima confidencialidade dos datos. A información ao final do proceso tratarase de forma anónima. Os datos serán conservados durante o período no que se realicen as actividades correspondentes á finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais. Cumprida a finalidade, os datos bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables, salvo que sexan necesarios para a prestación do servizo público de educación superior. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html

Os membros do grupo Cudeco responsables desta investigación na U. Vigo somos:

María Dolores Castro Pais, (DNI 44821963T), profesora investigadora con docencia no Grao de Educación Social e no Mestrado en Profesorado de Secundaria na Facultade de C. Educación. U. Vigo.

José Antonio Sarmiento Campos (DNI 34950510D), profesor investigador con docencia no Grao de Educación Primaria e no Mestrado en Profesorado de Secundaria na Facultade de CC. Educación U. Vigo.

Camilo Isaac Ocampo Gómez (DNI 34578014K), profesor titular de universidade, xubilado, con docencia no Mestrado en Profesorado de Secundaria da U. Vigo, Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE).

Investigador principal: Jesús Miguel Muñoz Cantero, catedrático de universidade, na UDC, Área de MIDE.

__________________________