Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

III Xornada Universitaria Galega en Xénero

Unidade de Igualdade

07-04-2015 ata: 05-06-2015

A Universidade de Vigo será a anfitriona da III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Trazos de xénero no século XXI organizada polas oficinas/unidade de igualdade das 3 universidades galegas.

A Xornada terá lugar o vindeiro 5 de xuño no Campus de Pontevedra.

Ábrese o prazo para a presentación de comunicacións-póster que rematará o 6 de maio e para a inscrición como asistente que rematará o 1 de xuño.