Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Información ao estudantado sobre a apertura das bibliotecas

Información xeral

07-09-2020 ata: 31-12-2020

Prezado estudantado,

Desde o luns día 7 de setembro están abertas as 11 bibliotecas que constitúen a Biblioteca Universitaria da UVIGO co seu horario habitual. Debido á COVID-19 o número de postos está limitado, gardando a separación de 1,5 m entre postos. Na páxina web https://www.uvigo.gal/es/universidad/biblioteca/bibliotecas podedes consultar os horarios concretos e os aforos de cada unha delas. O uso das salas de estudo está permitido a todos os membros da Universidade de Vigo (estudantado, PDI e PAS), así como os usuarios/as autorizados/as e externos/as que se contemplan nos arts. 22 e 23 do regulamento da Biblioteca Universitaria. No caso de situacións preto do límite de aforo terá prioridade o persoal da Universidade de Vigo.

Recordamosvos que non está permitido o estudo en grupos e que o acceso á biblioteca debe producirse de xeito ordeado, evitando colas, e, en caso de producirse debe gardarse a distancia de seguridade entre persoas (1,5 m), así como a obrigatoriedade do uso de máscara durante o acceso e a permanencia. Ademais, antes de entrar debedes proceder á desinfección das mans mediante os dispensadores de xel hidroalcohólico situado na entrada.

Ao entrar debedes mostrar ao persoal do servizo a vosa tarxeta TUI (tarxeta universitaria identificativa) ou o carnet da biblioteca. Unha vez comprobada a identidade o persoal procederá a asignarsevos un posto. Unha vez asignado non poderedes cambiar de posto. Co obxecto de facilitar a asignación de postos nas salas de estudo, e, no seu caso, trazar posibles contaxios da Covid-19 no interior das bibliotecas o persoal levará a cabo un rexistro das persoas que acceden as salas cada día. Podedes consultar na páxina as instruccións de uso de postos

(http://documentos.biblioteca.uvigo.es/documentos/Uso_Postos_BCVigo.pdf)

Ao abandoar o posto debedes comunícalo ao persoal para que quede identificado ata que se proceda á súa limpeza polo persoal de limpeza. Asemade, as salas permanecerán ventiladas durante todo o tempo que as condicións climatolóxicas o permitan.

Non está permitido o acceso do público aos fondos situados nos andeis de libre acceso, e no caso de que precisedes consultar algunha destas obras, debedes solicitalo ao persoal da biblioteca, que será que accederá e o porá á vosa disposición. Rematada a consulta debedes devolver a obra ao persoal da biblioteca ou depositala nos carros ou mesas habilitadas para a súa posta en corentena durante 3 días.

O préstamo de portátiles ou outro tipo de dispositivos electrónico, así como os ordenadores de uso público segue polo momento suspendido. Se desexades facer algunha consulta debedes acudir aos mostradores de préstamo ou de referencia para solicitalo ao persoal de biblioteca. Asemade, pódese solicitar o préstamo de libros e outros documentos das coleccións da Biblioteca Universitaria nas condicións habituais, agás a necesidade de deixar os libros devoltos en corentena durante 3 días. Si tedes calquera dúbida consultade na web as instruccións para préstamo de obras. 

Un saúdo e bo comezo de curso,

Belén Rubio Armesto

Vicerreitora de Investigación