Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VERIFICACIÓN E MODIFICACIÓN DE PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO PARA O CURSO 2021/2022

Información xeral

01-07-2020 ata: 16-07-2020

Exposición pública á comunidade universitaria das memorias iniciais de Programas de Doutoramento para a súa implantación no curso 2021/2022.

Como parte do procedemento de tramitación de verificación e modificación de Programas de Doutoramento para a súa implantación no curso 2021/2022, lembrámoslle que está aberto o prazo para presentar alegacións á memoria inicial do seguinte Programa de Doutoramento:

  • Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento

A memoria inicial pódese consultar no seguinte enlace:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando titulacións de doutoramento e pinchando no curso 2021/2022

Para calquera dúbida relativa a másteres e programas de doutoramento poden dirixirse ao seguinte correo electrónico:

verifica@uvigo.es