Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria mobilidade FPU

Recursos Humanos de I+D

30-06-2020

O Ministerio de Universidades ten aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para estadías breves e traslados temporais das persoas beneficiarias do programa de Formación de Profesorado Universitario ( FPU) que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/profesorado/profesorado-universitario/becas-ayudas/movilidad/fpu-estancias-traslados.html#dg1

As solicitudes deben presentarse polas persoas interesadas a través dos formularios accesibles na sede electrónica do Ministerio antes das14.30 horas do 30 de setembro de 2020.

Xunto coa solicitude debe achegarse, entre outros, a autorización do centro de adscrición para a estadía breve ou traslado temporal. Este documento, descargable no enlace sinalado máis arriba, ten que ser asinado pola representante legal da Universidade de Vigo, polo que é necesario remitilo debidamente cuberto a esta Sección por correo electrónico antes do 15 de setembro