Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisa de satisfacción das titulacións 2014/15

Información xeral

23-03-2015 ata: 31-05-2015

Este luns, 23 de marzo e ata o 31 de maio do 2015 ábrese o prazo para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais(graos e mestrados) da Universidade de Vigo do curso 2014/2015.

 

Este ano optimízase este proceso entre o estudantado, de xeito que se centra a recollida de opinión no estudantado de 3º de grao e no de 1º ou 2º de mestrado.

O profesorado atinxindo segue sendo todo aquel que imparte docencia en grao e mestrado segundo o Plan de Organización Docente (POD).

 

Para realizar a enquisa está habilitada unha plataforma informática en Secretaría virtual, con acceso directo desde a páxina principal da web da Universidade de Vigo, na ligazón:

https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/

 

A enquisa é anónima e confidencial.  A identificación mediante o NIF, NIE ou outro documento cumpre a función de código de acceso, de xeito que en ningún caso quedará asociada á resposta emitida ao encher o cuestionario.

 

Poden atopar máis información de interese nas ligazóns:

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/profesorado/enquisas_titulacions/

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/alumnado/encuestas_alumnado/

da páxina web da Área de Apoio á Docencia e Calidade, así como información de axuda dispoñible na epígrafe « Axuda » da páxina web de secretaría virtual.

 

 

Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse ao coordinador/a de calidade do centro

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/centros/informacion/coordinadores.html 

ou, en todo caso, á Área de Apoio á Docencia e Calidade (mediante o enderezo electrónico enquisas.calidade@uvigo.es ou a través do teléfono 986 811988).

 

 

Este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos centros e das titulacións, polo que agradecemos a colaboración dun xeito sincero e responsable.

 

A Vicerreitora de Organización Académica e Profesorado

 

Ana María Graña Rodríguez