Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Segunda Edición do Itinerario Formativo Virtual en Xénero

Unidade de Igualdade

30-04-2020

O luns 04 de maio de 2020 ábrese  a Segunda Edición do Itinerario Formativo Virtual en Xénero. Esta iniciativa que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As persoas destinatarias desta formación son as seguintes:

  • Alumnado das diferentes titulacións da Universidade de Vigo (incluído o alumnado que participa en programas de mobilidade nacional e internacional e Programa de Maiores).
  • Persoas egresadas da Universidade de Vigo.
  • Persoal de Administración e Servizos.
  • Persoal Docente e Investigador.
  • Persoal investigador a cargo de proxectos.

Para máis información, prema aquí