Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Protocolo de acceso aos laboratorios de investigación durante o estado de alarma para a realización de proxectos de investigación e contratos que non poidan ser adiados por máis tempo

Información ao PDI

28-04-2020 ata: 28-04-2021

Bo día.

Achégase Protocolo de acceso aos laboratorios de investigación durante o estado de alarma para a realización de proxectos de investigación e contratos que non poidan ser adiados por máis tempo. Esté protocolo é tamén para o persoal docente que teña dificultades de conexión e deba acceder puntualmente ao seu despacho para garantir unha axeitada docencia non presencial co seu estudantado.

Procedemento:

O profesorado deberá remitir ás direccións/decanatos dos centros as súas solicitudes no impreso que se achega indicado o nº de DNI do profesor/a

As direccións/decanatos dos centros remitirán as solicitudes ás Vicerreitorías correspondentes (Investigación ou Ordenación Académica e Profesorado) todos os luns e autorizaranse desde o martes ata o martes seguinte.