Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acordo para manter a operatividade dos formularios normalizados na sede electrónica

Información ao PDI

24-04-2020 ata: 24-04-2022

Comunicámoslles que foi aprobada e enviada a resolución seguinte á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, co fin de que os formularios normalizados de solicitude se manteñan operativos na Sede electrónica da Xunta de Galicia.  

 "Resolución do 22 de abril de 2020 da Presidenta do consocio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), pola que se acorda manter a operatividade dos formularios normalizados correspondentes aos procedementos relativos á RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria, correspondente ao 2019, para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á labor docente e á labor investigadora (código de procedemento ED701B), así como a RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo de presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2019 (código de procedemento ED701C), ambas publicadas no DOG número 41, 2 de marzo de 2020. "