Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER

Información voluntariado

21-04-2020 ata: 31-08-2020

O voluntariado durante a situación provocada polo COVID-19 será estrictamente voluntariado online/virtual polo que antes de inscribirse deben poñerse en contacto con ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER para que lles expliquen cómo se levará a cabo de forma precisa.

Proxectos de voluntariado en colaboración con ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER:

 

** Proxecto 1 - Xangal: 

 

Obxectivo xeral: Achegar aos menores e mocidade a un espazo de tempo libre educativo, aberto e gratuíto.

 

Obxectivo específico:

- Ofertar unha biblioteca, ciber, sala de xogos, ludoteca, sala de estar e un centro de recursos para desenvolver traballos, e pasar o tempo libre.
- Ofertar actividades de ocio e tempo libre gratuítas, organizadas e libres ou facilmente accesibles para fomentar a mellora da relación social.

 

Destinatarios do programa: Infancia e xuventude

 

Perfil das persoas voluntarias:

Mocidade que lles guste estar en contacto directo cos menores e coa xuventude.
Mocidade que potencien a actividade e participación cos menores.

 

Funcións da persoa voluntaria:

  1. Apoio na atención aos menores, seguindo as indicacións da persoa coordinadora do proxecto.
  2. Ser ponte entre as persoas destinatarias e o que se oferta, de maneira bidireccional.
  3. Promocionar participación en toda a oferta educativa que se propon.

 

Actividades que van a desenvolver: 

  1. Apoio na atención na sala de xogos, ciber, ludoteca, sala de estar, seguindo as indicacións da persoa que coordina o proxecto.
  2. Apoio na atención da biblioteca, sala de exposicións, centro de recursos, seguindo as indicacións da persoa coordinadora do proxecto.

 

Anímate e ponte en contacto con:

Xulio Vilar Andrés:
Teléfono: 988218123 / Mail: coordinador@amencer.org
De luns a venres de 8:00 a 14:30 e de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas.

Tamara Pérez Cajide:
Teléfono: 988218123 / Mail: amencer@amencer.org
Luns a venres de 9:00 a 14:30 e luns, mércores, e venres de 16:30 a 20:00 horas.

 Despois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/37

 

** Proxecto 2 - Primeira fila:

 

Obxectivo xeral: Ofertar un espazo de acompañamento educativo para menores con máis dificultades no estudo ou relacións sociais.

 

Obxectivo específico:

- Apoiar no estudo a menores con menos posibilidades.
- Ofertar actividades de ocio e tempo libre gratuítas ou facilmente accesibles para fomentar a mellora da relación social.

 

Destinatarios do programa: Infancia, poboación en protección ou en risco de exclusión social e xuventude.

 

Perfil das persoas voluntarias:

Mocidade con paciencia e que lle guste explicar e traballar con menores.
Xente sensible no campo da educación e infancia. 

Funcións da persoa voluntaria:

  1. Apoio na atención aos menores, seguindo as indicacións da persoa que coordina o proxecto.
  2. Apoio no seguimento durante o tempo da actividade que están a facer, promocionando unha boa autoestima.
  3. Apoio no acompañamento nas tarefas de estudio, socialización...

Actividades que van a desenvolver: 

Atención na sala primeira fila de luns a xoves, de 16:00 a 19:30 horas.
Acompañamento aos menores e mocidade nas tarefas educativas coidando o apoio nas areas instrumentais básicas e traballando as competencias persoais e sociais, seguindo as indicacións da persoa que coordina o proxecto.

 

Anímate e ponte en contacto con:

Xulio Vilar Andrés:
Teléfono: 988218123 / Mail: coordinador@amencer.org
De luns a venres de 8:00 a 14:30 e de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas.

Laura Rodríguez Guede:
Teléfono: 988218123 / Mail: amencer@amencer.org
De luns a xoves de 16.00 ata 19.30 horas.

Despois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/36

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public