Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado de defensa das persoas consumidoras con ADICAE

Información voluntariado

16-04-2020 ata: 31-08-2020

Proxecto de voluntariado en colaboración con ADICAE: 

O voluntariado durante a situación provocada polo COVID-19 será estrictamente voluntariado online/virtual polo que antes de inscribirse deben poñerse en contacto con ADICAE para que lles expliquen cómo se levará a cabo de forma precisa.

 

Obxectivo xeral: Axudar na defensa dos dereitos das persoas consumidoras.

 

Obxectivo específico: Educar, reivindicar, colaborar en sede e potenciar a nova persoa consumidora.

 

Destinatarios do programa: Poboación en xeral.

 

Perfil das persoas voluntarias:

As persoas voluntarias non precisan coñecementos previos, cada unha colaborará en función das súas posibilidades e aptitudes.
Cantos mais sexamos na defensa das persoas consumidoras mellor, posto que máis logros acadaremos.

 

Funcións da persoa voluntaria:

Colaborar en:
1. Organizar e impartir obradoiros e outras actividades de educación e formación dos dereitos das persoas consumidoras, especialmente aquelas vinculadas a proxectos.
2. Accións de reivindicación de casos colectivos.
3. Organización e participación activa en campañas de sensibilización e concienciación.
4. Mobilización dos grupos temáticos e comités de persoas afectadas.
5. Apoio nos casos colectivos da asociación.
6. Apoio nas accións extraxudiciais na defensa das persoas consumidoras.
7. Elaboración de materiais formativos e informativos.
7. Tarefas propias cotiás da delegación de Adicae.
8. Plans de difusión das actividades e obxectivos da asociacións e fomento do asociacionismo.

 

Actividades que van a desenvolver: a persoa voluntaria levará a cabo a súa colaboración solidaria nas funcións arriba descritas sempre como labor auxiliar e libre e que se concretarán, na práctica, en actividades como as seguintes:
- Preparación e desenvolvemento de asambleas, comités de participación, reunións de grupos temáticos e outras actividades de persoas socias e/ou afectadas ou abertas a calquera público.
- Adquisición de coñecementos para organización de ditas actividades.
- Contactos previos para difusión das mesmas.
- Contacto posterior coas persoas asistentes para aumentar a súa implicación.
- Recopilación de información de utilidade sobre asistencia, perfís das persoas que acoden e problemas ou dúbidas formuladas.
- Apoio no deseño dun plan formativo ou de acción a nivel local para persoas consumidoras (localizar entidades, contactalas, presentarlles información, establecemento de calendario de actividades).
- Uso de bases de datos da asociación ou elaboración propia (respectando a LOPD).
- Coñecemento de publicacións, materiais e proxectos da asociación e difusión dos mesmos.
- Propostas de ideas e contidos para materiais formativos e elaboración das mesmas.
- Adquisición de coñecementos sobre casos colectivos, reclamacións e demandas que atende a asociación.
- Atención ao público buscando o trato e fomento de empatía con outras persoas consumidoras.
- Seguimento de informacións de consumo, sobre todo a nivel local.
- Adquisición de coñecemento e seguimento da lexislación básica en materia de consumo.
- Realización dalgún trámite administrativo para solicitar permisos de actividades reivindicativas.
- Participación en encontros e entrevistas con persoas con responsabilidade pública e política en tanto que persoa voluntaria nunha organización de defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
- Axuda a persoas consumidores na presentación dunha reclamación.
- Monitor/a de taller de alfabetización dixital básica.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: Flexible, segundo disponibilidade das persoas voluntarias.
Pídese compromiso e constancia. Desde unha hora á semana a todos os días de luns a venres.

 

Lugar de realización: Delegación de ADICAE - Rúa Velázquez Moreno, 9 - 5º Planta - 36201 Vigo.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Eugenia Mariño Rodríguez de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Teléfono: 986226642 

Correo electrónico: vigo@adicae.net

Despois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/80

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public