Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Proxectos de voluntariado - FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR

Información voluntariado

05-02-2020 ata: 30-09-2022

Proxectos de voluntariado en colaboración con Fundación Juan Soñador

Proxecto - Na rúa e espabila 

Obxectivo xeral: Acadar a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social da infancia, adolescencia e xuventude en situación de vulnerabilidade. A través de servicios de atención diurna, de medio aberto, fóra do horario escolar, e cun enfoque integral na intervención. Dando apoio, estimulando e potenciando o desenvolvemento persoal e social, a adquisición de aprendizaxes básicos e lúdicos, que compensen as desventaxas socioeducativas e familiares.

 

Actividades que van a desenvolver:

Apoio e reforzo escolar en horairo extraescolar de tarde e vacacións escolares.
Acompañamento no estudio.
Acompañamento no ciber.
Participación e programación de actividades lúdicas.

 

Lugar de realización das actividades: Rúa Elio Antonio Nebrija nº3 (zona de torrecedeira) - Vigo.

 

Anímate e ponte en contacto con:

Cristina Goyanes Rodríguez: De luns a mércores: de 9:00-13:00 horas. Luns de 16:00-19:00 horas. De martes a xoves: de 16:00-20:00 horas. Venres: de 16:00-18:00 horas.

Teléfono: 677166940

Correo electrónico:  naruavigo@fundacionjuans.org

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/95

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public

 

------------------------

 

Proxecto - Teranga 

Obxectivo xeral: Favorecer a plena inserción sociolaboral das persoas migrantes para aumentar a súa calidade de vida, atendéndoas de forma integral e velando pola efectividade dos seus dereitos e deberes na sociedade de acollida, fomentando o traballo en rede con outras entidades e sensibilizando na interculturalidade como modelo de cidadanía.

 

Actividades que van a desenvolver:

1. Impartir formacións de español.
2. Impartir formacións de informática, galego, preparación das competencias clave.
3. Impartir módulos en formacións laborais.
4. Orientación laboral e/ou social.

 

Lugar de realización das actividades: Rúa Pilar, nº6, baixo - Vigo.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con:

Noelia Soto Solana: cita solicitada por teléfono ou por correo electrónico.

Teléfono: 886116485 

Correo electrónico: terangavigo@fundacionjuans.org

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/56

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public