Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - Asociación Xaruma - Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental

Información voluntariado

31-01-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con Asociación Xaruma - Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental

Obxectivo xeral: Potenciar a autonomía para a integración na comunidade de persoas con trastornos mentais a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.

 

Obxectivos específicos:

- Xerar enclaves de participación e de comunicación democrática entre as persoas usuarias e o resto de axentes sociais do barrio.
- Estimular a participación activa na vida pública das persoas usuarias de Xaruma.

 

Destinatarios do programa: Persoas con trastornos/enfermidades mentais

 

Perfil das persoas voluntarias:

- Ganas de colaborar e coñecer outras realidades.
- Actitude participativa e en igualdade.
- Non é necesario coñecementos previos.

 

Funcións da persoa voluntaria:

1. Apoio ás persoas usuarias nas actividades de horta.
2. Levar a cabo as actividades medioambientais, dirixidas por un/unha monitor/a.
3. Aportar as técnicas básicas para as habilidades prelaborais en persoas con trastornos mentais.

 

Actividades que van a desenvolver:

1- Actividade de horta ecolóxica: mantemento, plantación, colleita...
2- Actividades de conciencia medioambiental.
3- Actividades de estimulación cognitiva.

 

Lugar de realización das actividades: Local Xaruma e exteriores. - Rúa Sanjurjo Badía, 79 - Centro Gárate - Vigo

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias:

De 1 a 3 horas á semana.
Horario a convir entre as partes.
Martes, mércores e xoves de 17:00 a 20:00 horas.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Tania Vázquez Carballo: Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:30 horas.

Teléfono: 698142158

Correo electrónico: xarumaorg@gmail.com

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/92

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public