Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - FUNDACIÓN MENIÑOS - Caixaproinfancia (apoio escolar)

Información voluntariado

24-01-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con FUNDACIÓN MENIÑOS - Caixaproinfancia (apoio escolar)

 

Obxectivo xeral: Loitar contra a pobreza e a exclusión social.

 

Obxectivos específicos:

- Facilitar a mellora da situación dos menores e das súas familias desenvolvendo as competencias e o compromiso que lles permitirán asumir con autonomía este proceso de mellora.
- Fomentar o desenvolvemento social e educativo da infancia no seu contexto familiar, escolar e social.
- Contribuír ao aumento da mellora de oportunidades dos menores e as súas familias mediante o desenvolvemento e implementación dun modelo de acción social e educativa integral.
- Participar na sensibilización e movilización da sociedade na erradicación da pobreza.

 

Destinatarios do programa: Poboación en protección ou en risco de exclusión social

 

Perfil das persoas voluntarias:

- Compromiso.
- Integridade.
- Coñecementos básicos das materias escolares de primaria e ESO ou capacidades para actualizarse.
- Organización.
- Estabilidades emocional.
- Paciencia.

 

Funcións da persoa voluntaria:

1. Realizar apoio en tarefas escolares de menores de primaria e secundaria.
2. Acompañar aos menores na organización das súas tarefas escolares.
3. Fomentar hábitos de estudo.

 

Actividades que van a desenvolver:

1. Apoio escolar a menores de primaria e secundaria.
2. Acompañamento aos menores na organización das súas tarefas escolares.
3. Fomento de hábitos de estudo.

 

Lugar de realización das actividades: Delegación de Meniños en Pontevedra - Rúa Sor Lucía, nº2, 3º
36002 Pontevedra

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: De 2 e 4 horas semanais.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Roberto Antón Santiago: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

Teléfono: 678754933

Correo electrónico: adolescentes.pontevedra@meninos.org

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/69

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public