Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso eDestrezas "Iniciación á programación con C#"

Cursos e exames

21-02-2020 ata: 08-05-2020

Comunícase que xa está aberto o período de inscrición no curso gratuito do programa e-Destrezas denominado "INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN CON C#"

A linguaxe de programación C# (pronunciado en inglés “C sharp” ou en español “ C sostido”) é unha linguaxe de programación orientada a obxectos. Con esta nova linguaxe quíxose mellorar con respecto das dúas linguaxes anteriores dos que deriva, o C e o C++. Co C# pretendeuse que incorporase as vantaxes ou melloras que ten a linguaxe JAVA. Así se conseguiu que tivese as vantaxes do C, do C++, pero ademais a produtividade que posúen linguaxes como JAVA.

Máis información e inscrición:https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=2272

https://www.uvigo.gal/es/campus/cultura/talleres-otros-cursos/destrezas