Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - Integración lingüística e cultural do programa LCA (Lingua, cultura e adaptación á universidade española)

Información voluntariado

22-01-2020 ata: 31-05-2020

Proxecto de voluntariado - Integración lingüística e cultural do programa LCA (Lingua, cultura e adaptación á universidade española).

 

Obxectivo xeral: Acoller ao alumnado do programa LCA e facilitar a súa integración.

 

Obxectivo específico: Facilitar o entendemento da nosa lingua e a nosa cultura aos estudantes do programa LCA. Axuda lingüística e acompañamento a eventos universitarios (teatro, roteiros, comunicacións, etc.) e non universitarios que poidan ser de interese para eles.

 

Destinatarios do programa: participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios...

 

Perfil das persoas voluntarias: O alumnado debe ter coñecemento de idiomas, estar ao día das actividades programadas pola UVIGO así como de información de interese sobre a cidade de Vigo, e actitude aberta cara outras culturas.

 

Funcións da persoa voluntaria:

1. Recepción e acompañamento.
2. Información sobre actividades da UVIGO e a cidade de Vigo.
3. Apoio ás actividades organizadas.

 

Actividades que van a desenvolver:

l. Recepción e acompañamento:
• Previo á chegada dos estudantes do programa LCA, asistir ás xuntanzas para familiarizarse co perfil dos estudantes e da súa cultura.
• Estar pendentes dos estudantes os primeiros días no noso país. Ir á sesión de orientación (se é posible), quedar con eles na cafetería, axudarlles con dúbidas sobre como e que pedir na cafetería, horarios dos buses, etc.
• Facerlles compañía nesas primeiras semanas en que todo será novo para eles e que botarán en falta a súa familia, a súa cultura, o seu país, etc.
2. Información sobre actividades da UVIGO e a cidade de Vigo:
• Oferta cultural e de lecer da Uvigo.
• Asesoramento lingüístico. Quedar con eles e intentar falar en español, axudarlles con dúbidas lingüísticas, etc.
• Oferta cultural e de lecer da cidade de Vigo e os seus arredores.
3. Apoio ás actividades organizadas:
As persoas voluntarias participarán como apoio en, alomenos, 2 actividades: gimkana, visita a Baiona, visita ao norte de Portugal, visita a Pontevedra, visita a Santiago de Compostela, etc.

 

 Lugar de realización das actividades: As persoas voluntarias desenvolverán as actividades no campus de Vigo da Universidade de Vigo. Así mesmo, as persoas voluntarias poderán desprazarse nas excursións ou actividades de ocio organizadas para o alumnado do programa LCA.

 

 Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 40 horas.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con:  

Mercedes Álvarez Piñeiro: De luns a xoves, de 12:00 a 14:00 horas.
Teléfono: 986814089 / Email: malvarezp@uvigo.es

Minia Rodríguez Bernárdez: De luns a xoves de 9:00 a 18:00 horas.
Teléfono: 986812250 / Email: centrodelinguas@uvigo.es

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/94

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public