Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - FUNDACIÓN CUME PARA DESENVOLVEMENTO DE CULTURAS E POBOS-Son visibles

Información voluntariado

17-01-2020 ata: 30-09-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con FUNDACIÓN CUME PARA O DESENVOLVEMENTO DE CULTURAS E POBOS: Son visibles

 

Obxectivo xeral: Visibilizar a situación de persoas sen fogar.

 

Obxectivos específicos:

- Acercarse á situación real que vive a poboación afectada.
- Entablar conversas e crear espazos para compartir os seus problemas como unha primera forma de acercamento, compartindo comida e bebida.
- Informar sobre recursos públicos ou privados aos que poden acceder na cidade.
- Crear un grupo de reflexión e estudo sobre as causas da exclusión.
- Desenvolver accións de sensibilización.

 

 Destinatarios do programa: Poboación en protección ou en risco de exclusión social.

 

 Perfil das persoas voluntarias: Calquera persoa maior de idade.

 

 Funcións da persoa voluntaria:

1. Loxística: compra ou recollida de doazóns.
2. Preparación dos alimentos e comida que se van repartir.
3. Reparto.

 

Actividades que van a desenvolver:

a) Promoción en redes sociais da visibilidade da situación das persoas sen fogar.
b) Promoción das campañas de doazón.
c) Preparación das ceas ou almorzos a repartir.
d) Reparto de ceas ou almorzos.
e) Reparto de mantas, sacos de durmir e roupa de abrigo.

 

 Lugar de realización das actividades: Fundación Cume (rúa Pi y Margall 72, oficina I, -Vigo) e rúas de Vigo.

 

 Tempo de dedicación das persoas voluntarias: Dúas horas e media por semana.
Mércores de 20:00 a 22:30 horas ou sábados de 10:00 a 12:30 horas.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Begoña Cameán Vázquez - De 10:00 a 17:00 horas

Teléfono: 986207799

Correo electrónico:  coordinacion@fundacioncume.org

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/70

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public