Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Erasmus PDI KA107 CCI e ITCON

Información ao PDI

16-01-2020

Infórmase da publicación de dúas convocatorias de mobilidade para PDI ao abeiro do programa Erasmus+, acción KA107, no marco dos seguintes consorcios: 

-Consorcio de Comercio Internacional (CCI): oferta de mobilidade en Bosnia e Hercegovina orientada a docentes da Escola Universitaria de Estudos Empresariais

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/445

-Consorcio ITCON: oferta de mobilidade en Albania e Bosnia e Hercegovina orientada a docentes da Escola Superior de Enxeñaría Informática. 

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/446

O prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias remata o 17 de febreiro de 2020. 

A ORI proporcionará información e apoio ás persoas interesadas, se ben as bolsas serán directamente xestionadas polos consorcios mencionados.