Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
O Club Peña Trevinca vai iniciar no mes de febreiro unhas xornadas de escalada, para nenos e nenas entre seis e dez anos, no búlder que o club ten na súa sede na rúa Brasil 46 de Vigo.
Grazas ao convenio de colaboración entre as dúas partes as condicións para os fillos e fillas da comunidade universitaria da Uvigo serán as mesmas que para as persoas asociadas do club e estas xornadas serán un primeiro paso para que estes rapaces poidan iniciarse na escalada e poder, no vindeiro curso, ampliar os coñecementos e adestrar no rocódromo da UVigo.
Máis información no teléf. 660 69 35 35 e nos seguintes enlaces:
http://clubtrevinca.blogspot.com/2020/01/xornadas-de-escalada-infantil-2020.html
- extension@uvigo.gal
- 986 812 182