Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

SORTEO VOGAIS COMISIÓNS DE SELECCIÓNS PRAZAS PROFESORADO

Información ao PDI

20-12-2019 ata: 20-12-2023

Na Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP) do 20 de decembro de 2019, tivo lugar o sorteo da orde dos vogais das comisións de seleccións dos concursos de acceso propostas polos departamentos, das seguintes prazas:

1 praza de PCD (OEP do ano 1017)

2 prazas de PCD correspondentes á reserva do 15% para persoal investigador doutor que finalizase o programa "Ramón y Cajal" e acadase o certificado I3 (OEP do ano 2018)

24 prazas de PTU (OEP do ano 2018)

24 prazas de CU (OEP do ano 2018)

3 prazas de PTU correspondentes á reserva do 15% para persoal investigador doutor que finalizase o programa "Ramón y Cajal" e acadase o certificado I3 (OEP do ano 2019).

 

Unha vez celebrado o dito sorteo, a COAP toma o seguinte ACORDO:

Os vogais titulares e suplentes das propostas das comisións de selección enviadas polos departamentos, terán a seguinte orde:

Vogal titular 1, o que figura na proposta como vogal 4

Vogal titular 2, o que figura na proposta como vogal 3

Vogal titular 3, o que figura na proposta como vogal 2

Vogal suplente 1, o que figura na proposta como vogal 6

Vogal suplente 2, o que figura na proposta como vogal 1

Vogal suplente 3, o que figura na proposta como vogal 5

 

O Presidente da COAP

Manuel Ramos Cabrer