Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concesión provisional axudas predoutorais UVigo

Recursos Humanos de I+D

09-12-2019

No día de hoxe publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 9 de decembro de 2019 pola que se publica a relación provisional de axudas concedidas e a lista de agarda da convocatoria para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación da Universidade de Vigo, 2019 que se pode consultar no seguinte enlace.

As persoas interesadas poderán formular alegacións contra esta resolución no prazo de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución.