Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concerto de Nadal Universidade de Vigo 2019

Información cultural

18-12-2019 ata: 18-12-2019

Prezada comunidade universitaria:

Este ano o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra o mércores 18 de decembro ás 20:30 h

Contaremos coa presenza da Orquestra Sinfónica Vigo 430 co trompetista vigués Rubén Simeó como solista e baixo a dirección de Javier Alonso.

A asistencia a este concerto será por invitación (cada persoa terá dereito a dúas invitacións), que deberán descargarse no seguinte enlace

https://www.culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=2271

O procedemento para a obtención das invitacións, que se poderán imprimir ou descargar no móbil, sendo o documento co que se acceda ao recinto é o seguinte:

Pinchar en “inscrición” e a continuación en “autenticación comunidade Uvigo”. Marcar “acepto os termos e condicións de uso” e pinchar en “Confirmar”. A continuación pinchar en “imprimir resgardo” para obter a invitación (que se poderá gardar ou imprimir). Deste xeito estaría feita unha inscrición

Para facer a segunda, pincharíase no enlace “Actividade: Concerto de Nadal Universidade de Vigo-Campus Vigo” que aparece na primeira inscrición. Marcar “acepto os termos e condicións de uso” e pinchar en “Confirmar”. A continuación pinchar en “imprimir resgardo” para obter a segunda invitación (que se poderá gardar ou imprimir)

O código de barras de cada invitación é único, permitindo un só acceso.

O prazo permanecerá aberto na web ata o remate do número de invitacións, ou ata as 14:00 h do día 13 de decembro.

Se precisas autobús para asistir dende Ourense ou Vigo preme no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5877

Agradecémoslle a súa colaboración e difusión para que o Concerto de Nadal sexa un éxito.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con Extensión Universitaria (986 813626 – extension@uvigo.es)

Reciba un cordial saúdo