Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Incorporación do xénero na docencia universitaria e na transferencia de coñecemento (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

21-10-2019 ata: 10-12-2019

A Área de Formación e Innovación Educativa comunícalle que o día 21 de outubro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Incorporación do xénero na docencia universitaria e na transferencia de coñecemento. Esta actividade de 8 horas de duración desenvolverase os días 12 e 13 de decembro de 10 a 14 horas.

Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3586