Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Charla-proxección Manu Córdova - 75º aniversario Club Peña Trevinca

Deporte e benestar

08-10-2019 ata: 16-10-2019

Mércores 16 outubro ás 20.00 no Club Faro, Auditorio rúa Areal.

Dentro dos actos conmemorativos do 75º aniversario do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia está unha charla-proxección a cargo de Manu Córdova.

Trátase de un referente do montañismo e escalada a nivel Nacional e europeo, xa que Manu Córdova é membro do Equipo Español de Alpinismo e tamén membro  do “Equipo Español de Escalada en Hielo”. Ten no seu haber  escaladas de grandes cascadas de xeo en  Pirineos, Alpes, USA e Canadá.

Manu Córdova (Zaragoza, 1986) é premio Alpinismo europeo 2011 pola primeira ascensión en libre da vía “No siesta” nas Grandes Jorasses (Francia), sexto na copa do Mundo de escalada en xeo 2011, premio de Alpinismo europeo 2010, e premio de Escalada en xeo no 2009.  Con esta proxección nos fará vibrar e nos trasladará a ese mundo vertical que tanto nos gusta.

Esta conferencia forma parte da programación do Club Faro e terá lugar no  Auditorio Municipal do Areal (C/ Areal, esquina C/ Oporto, Vigo). A entrada é gratuita