Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisa FECYT de actividades de divulgación científica.

Información xeral

08-10-2019 ata: 10-12-2019

Bo día:

Dende a FECYT (Fundación española para la ciencia y tecnología), pídennos datos acerca da actividade en cultura científica do ano 2018.

Enténdese por actividade en cultura científica aquelas iniciativas de divulgación e comunicación que pretenden transmitir coñecementos e acercar a investigación ao público non especializado e fomentar a participación cidadá no debate científico. Inclúense feiras, conferencias, obradoiros, exposicións, visitas guiadas, publicacións e materiais online divulgativos, etc.

Non se inclúen as actividades destinadas a difundir información científica entre público especializado (congresos, seminarios, xornadas, publicacións, etc.), as actividades de comunicacións institucional e marketing ou aquelas dirixidas a fomentar a transferencia de coñecementos á empresa.

Nos gastos non se inclúe o gasto de persoal propio, e se inclúen ademais dos específicos de cada actividade os gastos en notas de prensa, reportaxes, videos, etc.

Pregamos nos remitan antes do 31 de outubro a información das actividades realizadas polo seu grupo, servizo, facultade ou departamento no excel que se achega, á conta de correo consulta.uap@uvigo.es

Grazas pola súa colaboración, un saúdo.