Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Bádminton gratuíto

Deporte e benestar

07-10-2019 ata: 31-05-2020

A Área de Benestar, Saúde e Deporte ofrece para toda a comunidade universitaria a actividade de bádminton de balde. Tamén poderán participar na mesma as persoas externas con abono MUVer.

A través do convenio asinado coa Federación Galega de Bádminton e grazas á colaboración co Club Bádminton Athlos Ourense e o C.E.R Bádminton Vigo (Club Escola Rosalía) todas as persoas pertencentes á comunidade universitarias da Universitaria poderán participar nesta actividade sen custe ningún.

Clases moi prácticas, cordinadas e atendidas en todo momento por unha persoa titulada.

 

-Campus de Ourense.

Mércores de 16.30 a 18.00 no Polideportivo do IES As Lagoas.

 

-Campus de Vigo.

Mércores de 12.30 a 14.00 e de 15.00 a 16.30 no pavillón universitario campus Lagoas (Marcosende).

 

Só é preciso reservar a  praza nos seguintes enlaces:

Ourense:https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=2000

Vigo: https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1998