Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

07-10-2019 ata: 07-10-2019

A Área de Formación e Innovación Educativa comunícalle que o día 7 de outubro  ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo.

O MEET-UVigo é un programa de titoría baseado na mentoría, onde alumnado de 4º  curso mentoriza a alumnado de 1º. Esta labor faina despois de recibir unha formación de 60 horas sobre competencias transversais (interpersoais, intrapersoais, comunicación...).  Cabe sinalar que os módulos do curso son impartidos por profesorado voluntario.

A Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado quere dar a posibilidade a que máis profesores e profesoras se incorporen á iniciativa e formen parte do grupo de profesorado que ensina aos mentores e mentoras.

Por este motivo  planifica este curso de 40 horas cos seguintes contidos:

  • Intelixencia emocional
  • Motivación
  • Traballo en equipo
  • Comunicación
  • Xestión do tempo
  • Autocoñecemento
  • Xestión emocional
  • Mentoría

Neste momento están participando as seguintes titulacións neste innovador PAT: Tecnoloxías da Telecomunicación, Linguas Estranxeiras, Recursos Mineiros e Enerxéticos,  Enerxía, Química, Economía e Ciencias do Mar.

Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3581