Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Taller Autocoñecemento e Desenvolvemento persoal

Área de Emprego e Emprendemento

10-10-2019

Taller gratuíto organizado pola Fundación Universidade de Vigo dentro do Programa Destrezas, programa de formación para o emprego e o emprendemento. Dirixido a estudantes, egresados/as da Universidade de Vigo nos últimos anos e emprendedores/as en fase de incubación.

Imparte o taller:

Belén Varela, Experta en organización e asesoramento de empresas.

Persoa convidada:

Ignacio Cimas, HR business partner en Lonza

Contidos:

– Fortalezas de carácter e a nosa personalidade invisible
– A práctica da narrativa persoal
– Intelixencia emocional: como coñecer e desenvolver o que nos move
– Os alicerces do benestar

Data: 10/10/2019

Lugar: Aula 1 Edificio Miralles (Campus de Vigo)

Horario: De 9:30 a 14:30

O número máximo de admisións será de 30 persoas, por rigorosa orde de inscrición.

Máis información e inscrición aquí