Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo entradas III Foro de Educación Faro Impulsa

Información xeral

13-09-2019

A Universidade de Vigo sortea cinco entradas para o III Foro de Educación Faro Impulsa entre os membros da comunidade universitaria. 

O sorteo realizarase nas redes da Universidade de Vigo e, para participar, é preciso seguir a universidade nalgunha das súas redes (FacebookTwitterLinkedIn ou Instagram)  e enviar, antes do martes 17 de setembro, unha mensaxe privada que inclúa o nome e apelidos, correo electrónico e o centro de estudo ou de traballo na UVigo.

O mércores 18 de setembro daranse a coñecer nas redes sociais institucionais os nomes das persoas gañadoras do sorteo, previo consentimento das devanditas, efectuado pola Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.

O III Foro de Educación de Faro Impulsa terá lugar os días 20 e 21 de setembro no Auditorio Mar de Vigo. O programa e toda a información sobre o evento están dispoñibles na seguinte ligazón: https://www.faroimpulsa.es/

Máis información aquí.