Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso de iniciación e xornadas de formación de escalada en rocódromo

Deporte e benestar

03-09-2019 ata: 23-09-2019

O Club Peña Trevinca en colaboración coa Universidade de Vigo e no marco do convenio de colaboración asinado entre as dúas entidades organiza un curso de iniciación á escalada en rocódromo e diversas xornadas de formación na mesma modalidade, que se celebrarán no rocódromo do pavillón universitario do campus de Vigo.

 

Curso de iniciación á escalada en rocódromo:

O Club Peña Trevinca realizará un curso de iniciación á escalada en rocódromo para as súas persoas asociadas e comunidade universitaria da UVigo. Os días 14 e 15 de setembro.Horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 Mínimo 6 é máximo 12 persoas. Rocódromo campus de Vigo.

Prazo de inscrición: 3 ao 12 de setembro

 

Xornadas de formación contínua de escalada:

Desde o mes de outubro ata maio 2020. Todos os niveis. Persoas asociadas do Club Peña Trevinca e comunidade universitaria da Uvigo. Variedade de días e horarios de celebración, ademais de niveis de iniciación e perfeccionamento. Rocódromo campus de Vigo.

Prazo de inscrición: 9 ao 20 de setembro
 
 
Máis información nos teléfonos do Club Peña Trevinca 986420551 (horario de clube) e 660693535, ademais en http://clubtrevinca.blogspot.com/