Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria axudas predoutorais da Universidade de Vigo

Recursos Humanos de I+D

02-08-2019

No día de hoxe publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 1 de agosto de 2019 pola que se publican as bases para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación da Universidade de Vigo, 2019. 

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de setembro e permanecerá aberto ata o 10 de outubro de 2019.

As bases da convocatoria poden consultarse no seguinte enlace: Axudas predoutorais da Universidade de Vigo ou introducindo o código PREUVIGO-19 no taboleiro de convocatorias institucional.

As solicitudes deberán presentarse polo aplicativo SUXI conforme ao sinalado nas bases da convocatoria. Nos vindeiros días publicarase, xunto coa convocatoria, o titorial para poder presentalas.