Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Listaxe provisional axudas fondo social 2018

Información xeral

24-06-2019 ata: 08-07-2019

Con data 24 de xuño de 2019, publícase nos taboleiros de anuncios a Resolución Reitoral de 24/06/2019 pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria correspondente ás axudas do Fondo Social 2018.

 Cada participante poderá consultar o resultado da súa solicitude, tal e como indica a base décima da convocatoria, na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (https://secretaria.uvigo.gal), PDF 2017. As listaxes provisionais con toda a información están a disposición das persoas interesadas que así o acrediten no Servizo de Retribucións e Seguros Sociais.

 As persoas interesadas disporán ata o 8 de xullo de 2019 (incluído) para corrixir os erros ou emendar os defectos.