Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CONVOCATORIA PROXECTOS INNOVACIÓN AECID 2019

Información xeral

14-06-2019 ata: 26-06-2019

Bo día,

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación informa sobre a convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de innovación para o desenvolvemento da AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo).

Obxecto:

O obxecto desta convocatoria é a cofinanciación de proxectos que impulsen solucións innovadoras, xa desenvolvidas e probadas con éxito a nivel piloto, coa fin de aplicalas e demostrar a posibilidads de replicals a maior escala. Así mesmo, poderase cofinanciar a escalabilidade e replicabilidade daquelas solucións innovadoras xa aplicadas con éxito nos países socios da Cooperación Española (CE). Os proxectos abordarán problemas sociais, económicos, medioambientais e de desenvolvemento da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de forma integrada e cun enfoque innovador
en termos de produto, servizo, proceso ou estratexia. Ademais, os proxectos deberán mellorar a cohesión social e as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas que forman parte da base da pirámide nos países de asociación da CE.

Entidades beneficiarias:

a) Sector privado empresarial: empresas, empresas de economía social, asociacións e fundacións empresariais e outras análogas
b) Entidades do Sector social: ONGD inscritas no Rexistro de ONGD adscrito á AECID na data de publicación da convocatoria.
c) Entidades do ámbito académico e da investigación: universidades, fundacións universitarias, centros de investigación e outros análogos, tanto públicos coma privados.

Coa fin de promover o traballo en rede e en alianza, as agrupacións deberán estar conformadas, alo menos, por dúas entidades de tipoloxía distinta e unha delas necesariamente deberá pertencer ao sector privado empresarial.

Prioridades:

O resumo das prioridades temáticas pódese consultar nas páxinas 39 e 40 do V Plan Director de la Cooperación Española (https://www.cooperacionespanola.es/sites/default/files/v_plan_director_de_la_cooperacion_espanola_2018-2021.pdf).

 

O ámbito xeográfico de cada proxecto debe limitarse a un só país, e non se aceptarán proxectos multipaís. Os proxectos soamente poden executarse nun dos países de asociación menos avanzados, de asociación de renta media e no caso de países de cooperación avanzada, nalgún dos seguintes: Arxentina, Brasil, Cabo Verde, Costa Rica, Exipto, Guinea Ecuatorial, Xordania, México, Panamá e Túnez, de conformidade coa definición de países establecida no V Plan Director.


As condicións de financiación:

O importe mínimo de subvención será de 100.000 EUR e o importe máximo de 450.000 EUR.
O importe da subvención concedida non poderá ser superior ao 70% do custo total do proxecto, sendo precisa a aportación doutros fondos por un mínimo do 30% sobre o importe total. Esta aportación poderá ser con fondos propios dos integrantes da agrupación beneficiaria ou procedentes doutros financiadores, pero en ningún caso poderán proceder de fondos da AECID. En ambos casos, estas aportacións deberán ser dinerarias e aplicaranse íntegramente á financiación de custos directos.

Prazos:


A data máxima de presentación de solicitudes completas ante a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación é o 26 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes electrónicas ante a AECID vence o 4 de xullo de 2019 ás 14:00.


Ligazón ao anuncio da convocatoria: http://www.aecid.es/ES/Paginas/La%20AECID/Anuncios/Anuncio.aspx?enc=UkpGdXFtMFVKb1ZkTnNhQjgrUGdkWkN5Z0NMdk5YN0Y1

Ligazón aos formularios: https://www.aecid.gob.es/es/Paginas/DetalleProcedimiento.aspx?idp=326

Para máis información, o persoal interesado pode contactar co Director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación, Xosé Mª Mahou Lago, no e-mail: direc.rsco@uvigo.es

Saúdos cordiais