Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución admisión definitiva Captación de Talento Investigador CITI-INEX Universidade de Vigo 2019

Recursos Humanos de I+D

12-06-2019

No día de hoxe foi publicada nos taboleiros de anuncios do rexistro xeral e auxiliares da Universidade de Vigo e no módulo de convocatorias a resolución reitoral de 12 de xuño de 2019 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do Programa de Captación de Talento Investigador de Excelencia para a contratación dunha persoa como investigador/a distinguido/a a tempo parcial no Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial e na Agrupación Estratéxica INEX da Universidade de Vigo para o 2019, que pode consultarse no seguinte enlace.