Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado - UVigo cos brazos aberto - ORI

Información voluntariado

10-06-2019 hasta: 16-12-2019

Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Oficina de Relacións Internacionais - ORI: UVigo cos brazos abertos.

 

Desenvolvemento: 26 de agosto - 31 de outubro de 2019 // 08 de xaneiro - 28 de febreiro de 2020 // 20 de maio - 20 de xuño de 2020".

 

Obxectivo xeral: Acoller ao alumnado estranxeiro de intercambio nos tres Campus universitarios de Uvigo.

 

Obxectivo específico: Facilitar a chegada e a integración do alumnado estranxeiro de intercambio.

 

Destinatarios do programa: Estudantado estranxeiro de intercambio.

 

Perfil das persoas voluntarias: O alumnado debe ter coñecemento de idiomas, coñecemento sobre o funcionamento da ORI e dos Servizos da Uvigo así como de información de interese sobre a cidade de residencia dos estudantes de intercambio. Dispoñibilidade horaria e unha actividade aberta cara outras culturas.

 

Función da persoa voluntaria:     

- Recepción e acompañamento de alumnado estranxeiro.

- Asesoramento e información.

- Apoio á organización de actividades.

 

Actividades que van a desenvolver:            

Recepción e acompañamento de alumnado estranxeiro:

- Previa á chegada, contactar vía e-mail co estudantado estranxeiro para presentarse antes de que emprenda a viaxe a Galicia.

- Recoller aos estudantes estranxeiros asignados no aeroporto, estación de tren ou autobús en Galicia, tanto en Vigo, Ourense ou Pontevedra en función do campus onde reside a persoa voluntaria e acompañalos á ORI.

- Acompañar ao estudante ao seu lugar de aloxamento. Se o aloxamento é provisional, apoio para buscar aloxamento definitivo.

- Acompañar ao alumnado á facultade correspondente.

Asesoramento e información sobre os seguintes aspectos:

- Os servizos á comunidade universitaria dos tres Campus.

- Cursos de lingua e cultura española e galega.

- Opcións de aloxamento nas cidades de Pontevedra, Vigo e Ourense.

- Oferta cultural e de lecer da Uvigo.

- Organismos públicos de interese: hospitais, policía, consulado, etc.

Apoio á organización de actividades: As persoas voluntarias apoiarán na organización de, ao menos, 3 actividades.

- Ola! Festa de benvida.

- Coñécenos. Visita ás cidades dos 3 Campus:

** Vigo + Illas Cíes.

** Pontevedra + Combarro.

** Ourense + Ribeira Sacra.

- Ata sempre! Festa de despedida.

 

Lugar de realización das actividades: O voluntariado desenvolverán as actividades nos tres campus de Universidade de Vigo.

 

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: O voluntariado dedicaralle 30 horas para a realización das actividades sinaladas.

 

Data de inicio/incorporación: 1º cuadrimestre: 26 de agosto de 2019 // 2º cuadrimestre: 08 de xaneiro e 20 de maio de 2020.

 

Data de finalización/saída: 1º cuadrimestre: 31 de outubro de 2019 // 2º cuadrimestre: 28 de febreiro e 20 de xuño de 2020.

 

Observacións/outros comentarios: O alumnado recibirá unha formación sobre as funcións que vai desempeñar de 3 horas así como o material (incluídas nas 30 horas de acción).

 

Anímate e ponte en contacto con: Amelia Rodríguez Piña - De 08:30 a 14:30 horas.

Telf:986813751

email: dir.ori@uvigo.es