Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Listaxe definitiva de admitidos e excluidos promoción asociados

Información ao PDI

24-05-2019 ata: 24-06-2019

Estimado profesorado,

Informoo/a de que hoxe publicouse no portal de convocatorias a Resolución Reitoral do 24 de maio de 2019 pola que se publican as listaxes definitivas de admitidos e excluidos para participar no proceso establecido nas Medidas de Promoción para Profesorado Asociado acreditado da Universidade de Vigo.

Así mesmo, ao longo do día de hoxe publicarase a Resolución Reitoral provisional coa prelación das persoas seleccionadas.

Atentamente,

O vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado

Manuel Ramos Cabrer