Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Introdución de méritos Programa de Valoración da Actividade Docente - DOCENTIA 2017-2018

Calidade

23-05-2019 ata: 29-06-2019

Infórmase a todo o profesorado da Universidade de Vigo que, iníciase a recollida de datos para a valoración das actividades, informes e indicadores correspondentes ao Programa de Avaliación Docente do profesorado - DOCENTIA, correspondentes ao curso 2017-2018:

 

  • Participación en tribunais de TFG e TFM e outros traballos de fin de estudos fóra da Uvigo
  • Participación en tribunais de tese de doutoramento fóra da Uvigo
  • Dirección de tese (defendidas) fora da Uvigo
  • Dirección de TFG e TFM e outros traballos de fin de estudos fóra da Uvigo
  • Utilización de recursos de teledocencia (incluír recursos distintos de FAITIC. Os recursos en FAITIC solicítanse centralizadamente)
  • Elaboración/deseño e publicación de materiais docentes.
  • Asistencia a actividades de formación e actualización docente ou pedagóxica organizadas por entidades externas para a mellora da cualificación docente do profesorado.
  • Dirección e/ou impartición de actividades de formación e actualización docente ou pedagóxica organizadas por entidades externas.
  • Dirección/participación en proxectos ou grupos de innovación docente.
  • Recoñecementos/premios de innovación docente (incluíndo igualdade / xénero / normalización lingüística / calidade na docencia).
  • Publicacións relacionadas coa innovación docente (incluíndo igualdade / xénero / normalización lingüística / calidade na docencia).
  • Participación en comisións nacionais e internacionais de calidade da docencia.
  • Participación en programas de intercambio nacionais e internacionais.
  • Actividades de divulgación científica (conferencias, artigos, blogs, libros de divulgación científica).

 

O procedemento para incluír a información é o seguinte:

  • Acceso á Secretaría Virtual no ítem Valoración da Actividade Docente

 

  • Introdución de méritos programa DOCENTIA. Para que se conserven os datos, e antes de saír da sesión, deberase premer na opción “ENVIAR”. Os datos poderanse introducir, modificar ou eliminar mentres a aplicación estea aberta. Unha vez cubertos todos os datos, poderase obter o arquivo en pdf.

 

Nesta convocatoria avaliaranse os méritos do curso 2017-2018, polo que os méritos deberán estar comprendidos entre o 1 de setembro de 2017 ata o 31 de agosto de 2018.

 

Nesta aplicación, non haberá que achegar rexistros documentais. A Área de Calidade poderá realizar as comprobacións que considere oportunas e pedirlle ao profesorado copias dos xustificantes dos datos declarados.

 

Ábrese un prazo de recepción da información dende hoxe día 23 de maio ata o día 28 de xuño de 2019 (data na que automaticamente deixará de ser posible a introdución de datos).

 

Para calquera dúbida ou incidencia, poderán contactar coa Área de Calidade, vía e-mail (tscalidade2@uvigo.es).

 

 

Saúdos cordiais,

 

Joaquín Collazo Rodríguez

Director da Área de Calidade