Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

TEATRO. XXI MITEU VIGO: PROGRAMA MÉRCORES 24 E XOVES 25 DE ABRIL

Información cultural

24-04-2019 ata: 25-04-2019

O mércores 24 e o xoves 25 de abril,  seguimos coas  representacións da  XXI MITEU DE VIGO.

Chegan os/as da casa!!!!!!: a aula de teatro do campus de Vigo e a da ESAD.

ves pasalo ben con nós?

 

Programación cultural primavera 2019

Teatro

CÍRCULO

Aula de teatro universitaria do campus de Vigo

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do campus de Vigo

Data : mércores, 24/04/2019

Hora: 18.30. Entrada libre

AUTORÍA

Suso de Toro

ELENCO

Antón Abal, Natalia Sías, Laura Pousada, lago López Magdaleno, Rodrigo Rodriguez Gutierrez, Rosa Mª Molares, Vanesa Ferreira, Miguel Rodriguez Carretero.

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Escenografía e dirección : Sonia Rúa e Casilda Alfaro

SINOPSE

Círculo fala da esencia do ser humano e desa volta a nós mesmos, dese recoñecermonos no espello que é o “outro", e no espello do outro que somos nós. Fala tamén da vida, das vidas que comezan e das que rematan, vidas que se entrelazan, ecos de vidas a través do tempo e do espazo. Como di Nano "A vida non é como un programa de televisión, todo moitas parvalladas e esas risiñas que poñen artificiais e todo moito no seu sitio. A vida é outra cousa, que nin se pode falar dela, que che queima a lingua se queres falar dela e que a túa boca non pode dicilo (. . .) A xente quérelle facer unha cirurxía estética á vida (. .. ] O teatro ten cousas que non ten ninguna outra cousa, esa como dignidade de plantarse sen escapar a acorrer

 Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xxi-miteu-vigo-circulo

 

PARA.ELA

ESAD de Galicia

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria do campus de Vigo

Data : xoves, 25/04/2019

Hora: 18.30. Entrada libre

AUTORÍA

Dramaturxia a partir dos textos: En estado de espera de Santy Portela; Fedra versión Paco Becerra; Fedra de Eurípides; El Alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca; Para de Samuel Kiró; Dear Dad de Care Norway.

 ELENCO

Ana Areán, Sara Fernández, Isabel Garrido, Noelia González, Yolanda Iglesias, Teresa López, Liah Meis, Anxo Outumuro, Mario Rodríguez

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA

Docente: María Francelina

Disciplina: Interpretación V

Iluminación: Quintana

SINOPSE

Quen é o culpable de que exista a violencia? A sociedade. Ideamos outra.

O individuo. Xeramos outros.

A educación. Elaboramos outra.

PARA. ELA. E outra peza sobre o acoso e a violencia, noutra sociedade e con outra educación, que pretende xerar outro debate sobre a nosa realidade actual, facendo participe ó espectador, hoxe xuíz, e invitándoo a reflexionar dun xeito multifocal

 Máis inf: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xxi-miteu-vigo-ela

 

Saúdos e grazas por compartir.