Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada de emprego público

Área de Emprego e Emprendemento

16-04-2019

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria 

O venres 26 de abril, a sala I do edificio Miralles acolle a Xornada de emprego público, organizada polo Ministerio de Política Territorial y Función Pública e a Universidade de Vigo. O obxectivo da xornada é dar a coñecer á comunidade universitaria as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública e atraer talento á Administración Xeral do Estado dende as experiencias de recentes aprobados.

 

O acceso é libre ata completar aforo previa inscrición, remitindo nome apelidos e titulación a: msonia.postigo@correo.gob.es

 

Mais información no seguinte enlace:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/axenda/xornada-emprego-publico