Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada de acollida para estudantes de doutoramento

Información xeral

15-03-2019 ata: 23-03-2019

O vindeiro día 22 de marzo a EIDO vai a organizar unha Xornada de Acollida a Estudantes de Doutoramento  prevista para alumnos de novo ingreso. Trátase de facilitarlles  toda aquela información que poidan necesitar nesta etapa da súa formación académica. Durante a Xornada intervirán os responsables das Unidades Administrativas da Uvigo,  ofrecendo unha breve reseña sobre aqueles apartados que afecten aos estudos de doutoramento ao longo das diferentes fases.

O programa previsto é o seguinte:

XORNADA DE ACOLLIDA A ESTUDANTES DE DOUTORAMENTO

22 de marzo de 2019

10:00 a 12:00 AM

Vigo: Edificio Miralles, Sala  1

Ourense: Biblioteca Rosalía de Castro, Aula 2ª planta (videoconferencia)

Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais , Seminario 5 (videoconferencia)

PROGRAMA DO ACTO

Inauguración da Xornada pola Vicerreitora de Investigación Dª Belén Rubio Armesto

  1. A carreira profesional do investigador

 

  1. A Escola Internacional de Doutoramento (EIDO)

 

  1. Etapas académicas nos estudos de doutoramento

            Formación na investigación

            A Tese de doutoramento

 

  1. Xestión administrativa, procedementos, prazos e ferramentas

 

  1. Calidade en Doutoramento

 

  1. Mobilidade

 

  1. Servizo de Biblioteca.

 

  1. Extensión Universitaria.

 

Clausura da Xornada pola Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria Dª Natalia Caparrini Marín