Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades de impartición)

Información ao PDI

18-03-2019 ata: 20-03-2019

A Área de Formación e Innovación Educativa comunícalle que o día 18 de marzo ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades de impartición)

Esta actividade formativa desenvolverase nas seguintes modalidades formativas para facilitar os eu seguimento:

Modalidade presencial: 7 e 8 de maio de 10 a 14 horas.

Modalidade virtual en streaming: 7 e 8 de maio de 10 a 14 horas.

Modalidade virtual en diferido: do 10 ao 16 de maio.

Pode preinscribirsena seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3455

Todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse deberán facelo a través da  plataforma de xestión académica Bubela (http://bubela.uvigo.es).

 

Esta actividade formativa está coorganizada coa Vicerreitoría de de Investigación.