Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

HappyGoRunning 2019 - Competición por centros académicos

Deporte e benestar

27-04-2019 hasta: 27-04-2019

Xa podedes facer a vosa inscrición na HappyGoRunning 2019!

Este ano o evento terá lugar o sábado 27 de abril no campus universitario As Lagoas, Marcosende e contará con tres opcións para participar:

•         Carreira de Iniciación de 6,6km (dúas voltas ao circuíto)

•         Carreira Pro de 10km (tres voltas ao circuíto)

•         Andaina de 10km

Este ano nas carreiras temos como novidade unha competición por centros académicos, de forma que no momento de anotarvos debedes indicar a facultade ou a escola á que pertencedes.  

A ver cal é o centro da Uvigo máis activo!!