Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO ambiental no Gruvi-OMA para a recuperación de equipos eléctricos e electrónicos (Oficina de medio ambiente)
Información voluntariado
30-06-2019 hasta: 30-06-2019Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo: Voluntariado ambiental no Gruvi-OMA para a recuperación de equipos eléctricos e electrónicos.
Desenvolvemento: cada curso escolar - segundo necesidades.
Obxectivo xeral: Minimización na xeración de residuos eléctricos e electrónicos da universidade.
Obxectivo específico: Revisar e reparar equipos eléctricos e electrónicos desbotados pola universidade para poder darlles unha segunda vida, doándoos a entidades sociais sen ánimo de lucro.
Destinatarios do programa: Poboación en xeral.
Perfil das persoas voluntarias: Persoas con algunha formación en informática, electrónica e electricidade que teñan interese en desenvolver traballos no Gruvi (taller de recuperación de equipos eléctricos e electrónicos da Universidade de Vigo) que axuden na diminución como residuo dos equipos informáticos obsoletos.
Función da persoa voluntaria: Apoio no programa de recuperación de aparellos eléctricos e electrónicos no taller do Gruvi.
Actividades que van a desenvolver: Deberán realizar traballos de recuperación e aproveitando equipos informáticos avariados ou obsoletos, e dos seus compoñentes, co fin de destinalos a entidades sen ánimo de lucro.
Lugar de realización das actividades: Taller do Gruvi (Grupo de reciclaxe informática da Universidade de Vigo) no campus das Lagoas-Marcosende.
Tempo de dedicación da persoa voluntaria: mínimo de 2 - 4 horas á semana.
Data de inicio/incorporación e finalización: durante todo o curso escolar (exceptuando xullo e agosto).
Observacións: As persoas voluntarias poderán participar no programa durante toda a duración do curso escolar.
Anímate e ponte en contacto con: Mª Delfina Couce Fortúnez - De 09:00 a 14:00 horas.
Telf: 986813883
email: oma2@uvigo.es - delfina@uvigo.es
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web_2.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626