Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO ambiental na OMA para a minimización de impactos ambientais e mellora de hábitats (Oficina de medio ambiente)

Información voluntariado

30-06-2019 ata: 30-06-2019

Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Oficina de Medio Ambiente (OMA)  da Universidade de Vigo: Voluntariado ambiental na OMA para a minimización de impactos ambientais e mellora de hábitats.

Desenvolvemento: cada curso escolar - segundo necesidades.

 

Obxectivo xeral: Minimización de impactos ambientais e mellora de hábitats.

 

Obxectivo específico: Actuacións no medio natural para protexelo e restauralo e sensibilización ambiental da comunidade universitaria.

 

Destinatarios do programa: Poboación en xeral.

 

Perfil das persoas voluntarias: Persoas con formación e inquedanza ambiental que teñan interese en desenvolver traballos que axuden a diminuí-lo grao de alteración na natureza e involucrase coa xestión ambiental.  

 

Función da persoa voluntaria:     

- Apoio en programas de minimización de impactos nos hábitats do campus (por exemplo erradicación de fauna e flora invasora).

- Apoio en programas de mellora dos hábitats do campus (restauración de hábitats).

 

Actividades que van a desenvolver: Deberán realizar traballos de campo mediante actuacións directas nos hábitats, que dependerán do impacto que se planifique minimizar ou a mellora que se pretenda aplicar en cada hábitat concreto.

 

Lugar de realización das actividades: Campus universitario de Vigo (As Lagoas-Marcosende).

 

Tempo de dedicación da persoa voluntaria: mínimo de 2 - 4 horas á semana.

 

Data de inicio/incorporación e finalización: durante todo o curso escolar (exceptuando xullo e agosto).

Observacións: As persoas voluntarias poderán participar no programa durante toda a duración do curso escolar.

 

Anímate e ponte en contacto con: Mª Delfina Couce Fortúnez  - De 09:00 a 14:00 horas.

Telf: 986813883

email: oma2@uvigo.es - delfina@uvigo.es

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web_2.pdf

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf