Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Axudando na mellora da atención integral a persoas con discapacidade intelectual - Hogar y Clinica San Rafael

Información voluntariado

31-08-2019 ata: 31-08-2019

Proxecto de voluntariado: Hogar y Clínica San Rafael: Axudando na mellora da atención integral a persoas con discapacidade intelectual

 

Desenvolvemento temporal: indefinido

 

Obxectivo xeral: Dar unha atención integral ás persoas con diversidade intelectual e necesidades educativas especiais a través das diferentes áreas e actividades: ocupacionais, de ocio e tempo libre, deportivas e educativas.

 

Obxectivo específico: Apoiar no desenvolvemento das actividades e acompañar á persoa con diversidade funcional e/ou intelectual.

 

Destinatarios do programa: Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual

 

Nº aproximado das persoas beneficiarias: 168

 

Perfil das persoas voluntarias:

Aptitudes necesarias: Non se require unhas condicións particulares, simplemente aquelas que permitan integrarse e participar na actividade a realizar. A persoa voluntaria debe dispoñer do tempo de dedicación ao que se compromete.

Actitudes necesarias:

- Discreción a respecto á intimidade das persoas.

- Madurez e equilibrio emocional.

- Sentimentos de xenerosidade e aceptación hacia as persoas con diversidade.

- Respecto total hacia costumes, valores, ideas, opinións... das persoas.

- Flexibilidade, tolerancia e solidariedade.

- Non adoptar unha actitude paternalista, nin sobreprotectora.

- Ser unha persoa creativa e innovadora.

- Compromiso e constancia.

 - Ser amable e paciente.

- Ter empatía, capaz de poñerse no lugar da outra persoa.

- Actitude positiva, coordinación e colaboración cos profesionais (traballo en equipo).

- Recoñecer as propias limitacións.

- Realizar o servizo con responsabilidade e puntualidade.

- Gardar o segredo profesional, excepto naquelas situacións que con leven riscos para a persoa destinataria do servizo ou para outras.

   

Función da persoa voluntaria       

- Apoiar ao profesional na actividade elixida.

- Fomentar o espíritu de grupo co grupo de voluntariado.

- Participar na organización dentro do ideario e valores da Orden dos Irmáns de San Xoan de Deus: Hospitalidade, respecto, responsabilidade, calidade e espiritualidade.

 

Actividades que van a desenvolver: A persoa voluntaria, a través das actividades de ocio e tempo libre, complementarias, ocupacionais e extraescolares programadas para as diferentes áreas do centro, dará atención, apoio e asistencia integral ás persoas con diversidade intelectual con idades comprendidas entre os 6 e os 65 anos, no horario de 09:00 a 13:00 h. e de 15:00 a 20:30 h.

Todas as actividades teñen unha persoa responsable (manualidades, formación, saídas, etc..) e que apoiará á persoa voluntaria na súa labor colaborativa, garantindo que non se suplantara a ningún profesional.

As actividades están programadas dentro das diferentes áreas en función do horario, a colaboración sería dunha 1,5h / 2h. aproximadamente dentro dese horario, a concretar na entrevista en función das necesidades e expectativas.

Toda persoa que participe no voluntariado do centro, debe presentar o certificado de Delitos de Natureza Sexual.

As actividades de ocio e tempo libre do fin de semana, serán en función da oferta cultural dese fin de semana: visitar unha exposición, feira, museo, dar un paseo, acompañamento, etc.

 

Lugar de realización das actividades: Nas diferentes instalacións do centro Hogar y clínica San Rafael en Vigo.

 

Tempos de dedicación: Actividades semanais de luns a venres: entre 1,5h / 2h. un día a semana.

Actividades fin de semana: entre 2,5h. /3h. (pódese alternar os fins de semana)

 

Data de inicio/incorporación: setembro/outubro

Data de finalización/saída: xuño/xullo

 

Anímate e ponte en contacto con: Olalla Carril Lombardero - De 09:00 a 19:00 horas.

Telf: 986232740 - 658037788

email: saravi.voluntariado@hsjd.es

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web_1.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-02/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf