Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas destinadas ao alumnado do SUG que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2018/2019, teña dificultades económicas para continuar estudos

Bolsas e axudas

10-07-2019 ata: 10-07-2019

Orde do 14 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2018/19, teña dificultades económicas para continuar estudos

 

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista acontecese con anterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida, e, nestes casos, a data límite para presentar as solicitudes será o 31 de xullo de 2019, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).